miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

O sol abrirase paso entre as densas nubes matinais

Este martes Galicia quedará na influencia das altas presións, con réxime de ventos de compoñente norte. Deste xeito, amencerá con ceo con intervalos de nubes baixas e néboas en xeral, con máis nubes na metade norte, onde se rexistrarán orballos. 

A partir do mediodía abriranse grandes claros e persistirán as nubes baixas soamente no terzo norte, segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente. 

Mentres, o vento soprará de compoñente norte, frouxo pola mañá, aumentando a moderado pola tarde. Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán, especialmente na metade sur. 

Deste xeito, as temperaturas máximas subirán ata os 24 graos en Ourense e os valores mínimos descenderán ata o cinco graos en Lugo. 

O sol abrirase paso entre as densas nubes matinais
Comentarios