domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

As temperaturas máximas experimentarán un lixeiro ascenso este martes

El tiempo 20.07.20
A comunidade non sufrirá grandes cambios durante a xornada en canto ao tempo

Este martes espéranse poucos cambios en Galicia no que ao tempo refírese, de forma que continuará a influencia anticiclónica e circulación do nordeste intensa.

Seguirán as nubes baixas ao principio da xornada pero ceos pouco nubrados en xeral a partir de media mañá, con nubes de estancamento no norte que poden deixar algún orballo ocasional. Pola tarde aumentarán as nubes de evolución que poderían deixar algún chuvasco tormentoso.

Alerta amarela PontevedraAs temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, polo que a sensación térmica continuará sendo de calor intensa. Por cidades, os termómetros marcarán máximas de 38 graos en Ourense e de 34 en Vigo e Pontevedra –boa parte das provincias ourensá e pontevedresa estarán alerta amarela pola calor–, mentres que as mínimas estarán Lugo, con 16 graos, e na Coruña, con 17.

Os ventos soprarán do nordeste con intervalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra.

Temperaturas mínimas e máximas previstas para este martes
A Coruña 17° 25°
Ferrol 18° 25°
Lugo 16° 26°
Ourense 18° 38°
Pontevedra 17° 34°
Santiago 15° 30°
Vigo 18° 34°

As temperaturas máximas experimentarán un lixeiro ascenso este martes
Comentarios