Volve a chuvia

As primeiras horas deste venres unha fronte pouca activo deixará o ceo cuberto con choivas febles. Co avance da xornada o ceo alternará nubes e claros. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente norte, frouxo en xeral, moderado na costa. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas terán un moderado descenso. Así, as máximas subirán até os 20 graos en Ourense, mentres que as mínimas descenderán até o oito graos en Lugo e Santiago. 
 

Comentarios