Volve o anticiclón a Galicia: sol e moita calor para os vindeiros días

Os termómetros superarán os 30 graos nalgunhas cidades galegas

Praia da Lanzada. RAFA FARIÑA
photo_camera Praia da Lanzada. RAFA FARIÑA

Este domingo recupérase a influencia anticiclónica sobre Galicia, o que traerá un lixeiro ascenso de temperaturas, segundo Meteogalicia.

Durante a xornada, espéranse bancos de néboa matinais en zonas de interior que darán paso a ceos con alternancia de nubes e claros pola mañá e máis despexados pola tarde. 

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, excepto no litoral norte, con descensos máis significativos na Mariña.

Estas son as temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 16°/24°; Ferrol 15°/26°; Lugo 14°/25°; Ourense 15°/34°; Pontevedra 15°/31°; Santiago 15°/26°; Vigo 16°/29°.

LUNS. A situación anticiclónica manterase o luns, xornada na que se espera a entrada de aire cálido desde o sur peninsular que provocará un novo ascenso das temperaturas.

Estas son as temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 16°/26°; Ferrol 18°/26°; Lugo 13°/25°; Ourense 15°/35°; Pontevedra 17°/33°; Santiago de Compostela 15°/28°; Vigo 21°/ 35°

Comentarios