Xornada invernal ás portas de maio

Este sábado Galicia quedará na influencia dunha entrada de aire frío. Con esta situación, espérase ceo anubrado, con chuvascos treboentos, localmente acompañados de saraiba, máis probables pola tarde. A cota de nove situarase na segunda metade do día nos 1.200 metros. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, este sábado o vento soprará frouxo, de dirección variable en xeral. 

Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un moderado descenso. Así, as máximas subirán até os 18 graos en Ourense, mentres que as mínimas descenderán até o catro graos en Lugo. 
 

Comentarios