Xoves moi inestable, con vento, choiva e neve

Este Xoves Santo unha borrasca situada ao sur de Irlanda achegará moita inestabilidade, polo que se espera un día de ceo parcialmente anubrado con chuvascos xeneralizados que poderían estar acompañados de saraiba e aparello eléctrico. 

Mentres, a cota de neve estará durante o día no mil metros baixando a noite a 700 metros, segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente. 

O vento soprará do suroeste forte no litoral e moderado no interior. Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro descenso con xeadas en zonas do interior. 

Deste xeito, as máximas subirán até os 12 graos en Ourense, A Coruña e Ferrol, mentres que as mínimas descenderán até os dous graos en Santiago e Lugo. 
 

Comentarios