XXXIII Queimada Popular en Cervo

A próxima fin de semana terá lugar unha das festas máxicas que teñen lugar no municipio de Cervo: a Queimada Popular. Será o sábado 20 cando, a partir das 10 da mañá, se inaugure a 33 edición deste encontro coa apertura do XV Mercado Tradicional de Cervo.

A partir da mediodía poderase desfrutar da animación na rúa, da man da compañía Femme Fatale. Á unha da tarde as autoridades pregoarán a festa e xa as catro comezará a acutación dunha charanga.

A queimada terá lugar pola noite, acompañada dunha posta en escea espectacular. A partir das nove da noite, as bruxas farán acto de presencia e percorrerán as rúas da vila. Ao redor das once, a comitiva descenderá dende as Escolas Vellas e a continuación representarase a XXXIII Queimada Popular de Cervo, seguida da verbena, a cargo das orquestas Aires Hispanos e Acuarela, que apartir de medianoite darán música á cita.

Comentarios