A vida ía en serio demasiado cedo
HAI UN POEMA no que Gil de Biedma descubre nun poema que "a vida ía en serio". Cando estaba escribindo ese verso sentía un quilo de chumbo sobre a cabeza. Hai un par de semanas que asasinaron a Chales Kirk. Kirker un falbarato hábil. O crime —este, todos— foi unha barbaridade. No caso de Kirk agradezo que debatise todas as súas ideas. O problema é que el establecía o marco e impoñía a norma, que era a Biblia, literatura fantástica. Sobre esas páxinas animaba a aplicar a pena de morte aos asasinos co agravemento de propugnar execucións públicas. Non lle abondaba con que o Estado se equipare ao criminal en barbarie, senón que debe facelo nun tanto escarnio exhibicionista como en Irán ou Afganistán. Chamaba a matar os homosexuais porque o di a Biblia que atribúe máis de mil anos de existencia a Matusalén no Levítico. O propio Levítico prohíbe comer porco ao ser un animal impuro.
Empecei a ler El verano de los inocentes (Anagrama) de Roger Mateos. O periodista trata o asasinato do vigués Xosé Humberto Baena (1950-1975) a balazos dun pelotón da Policía Armada da ditadura. Baena pertencía ao grupo terrorista FRAP. Era un grupúsculo violento dirixido polo PCE (Marxista-leninista), escisión do Partido Comunista de Santiago Carrillo cando este apostou pola reconciliación pacífica en 1956.
Xosé Humberto Baena foi condeado por estar no comando que saíu de cacería por Madrid en xullo de 1975. Buscaron un policía aleatoramiente. A vítima foi Lucio Rodríguez, outro crío apenas dous anos máis novo ca el. Estaba preparando a súa voda. O axente vixiaba un edificio. Un compañeiro tiña que darlle o relevo. Retrasouse un cuarto de hora. Mataron a Lucio por esa demora.
Os cinco membros do FRAP foron detidos. Pasaron á custodia dos torturadores máis reputados do franquismo: Roberto Conesa e Billy El Niño. Os dous policías cumpriron co seu deber: que un dos detidos delatase a outro como asasino de Lucio. Baena foi sinalado con toda a carga de proba que necesitaba un xuíz militar na ditadura. Ningunha. Foi condenado a morte. Foi un xeito de apuntalar o franquismo, xa no estertor.
O pai e o irmán de Baena viaxaron toda a noite daquel 27 de setembro de 1975 de Vigo a Madrid para despedir a Xosé Humberto. Concéderonlles media hora de conversa antes de levalo ao Hoyo del Manzanares. Nese descampado estabao cuartel no que Baena fixera a mili pouco antes e nese descampado os golpistas mataran en 1936 a un tío seu nun bombardeo amigo.
Amence o 27 de setembro. Antes de que os policías o leven para cumprir coa pena de morte, o pai pregúntalle se foi el quen matou ao cativo que vixilaba un edificio. "Sentirei un pequeno alivio se sei que non fuchces ti e non mataron un inocente". "Papá, eu non fun. Non podo mentirche". Varias da persoas do PCE (M-L) insinúan agora que Baena non disparou. O seu avogado, Javier Baselga, cuñado de Fraga e residente en Betanzos, reconoce que o seu defendido non colaborou con el. Pareceulle un fanático disposto a sacrificarse por non revelar un secreto.
Esa conversa empuxou a Roger Mateos a escribir El verano de los inocentes. É un traballo longo, ameno e ben documentado. A dúbida ten base. Ese mesmo amencer fusilaron en Bilbao ao membro de Eta Ángel Otaegi como culpable de matar un garda civil. O xulgado militar sabía con certeza que non fóra Otaegui. O condeado soamente confesou dera refuxio ao comando. Os xuíces ben o sabían. Estaban seguros porque o terrorista culpable, José Antonio Garmendia, levara un tiro na cabeza na detención. O problema é que Garmendia estaba en coma nun hospital. A xudicatura franquista tivo a decencia estética de non fusilar unha persoa insconciente,. como Garmendia, e a indecencia moral de poñer outro no seu lugar, Otaegi.
A raíz dos asasinatos de Charles Kirk, Baena e Otaegi estivan pensando en que a vida antes a vida corría máis, de que o tempo de xogo era breve, de que a vida ía en serio moi cedo. Os tres asasinados eran adultos metidos en corpos moi novos. Empezaran politizarse sendo cativos e radicalizáronse a nada que lles ferveu o sangue.
O 27 de setembro de 1975 foron fusilados tres membros dos FRAP e dous de Eta. As probas eran tan inexistentes como innecesarias. O sorprendente é que Garmendia quedou en cadeira de roda, pero sigue vivo; afastado de todo o que cheire a política. O líder do comando do FRAP, Manuel Blanco, e Pablo Mayoral, membro do comando do Frap que matou a Lucio Rodríguez viven en Madrid. Sosteñen a editorial El Garaje. Roger Mateos entrevistounos hai uns anos para o seu libro con resultado desigual. Manuel Blanco mantén a frialdade e o discurso de 1975. Recorda que Franco executou a 35 opositores nese ano 1975. Pablo Mayoral mantense en silencio cun nerviosismo acusador. Rexeita falar do tema cincuenta anos maáis tarde coa gravidade do quen cala algo trascendente.
Os verdugos e as vítimas de El verano de los inocentes eran demasiado cativos cando fixeron e padeceron o que fixeron e padeceron. Agora hai mozos desas idades que cuestionan a democracia. A volta dos malos anos está cada vez máis cerca.