Atropelada unha persoa en Vigo que estaba sentada na mesa dun local

A ferida foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro
112 Galicia. DP
112 Galicia. DP

Unha persoa resultou ferida este mércores en Vigo tras ser atropelada por un turismo na estrada de Valadares.

Segundo a información facilitada a Urxencias 112 Galicia, a persoa ferida estaba sentada na mesa dun local cando foi alcanzada polo vehículo.

O accidente sucedeu ás 14:30 horas e, ademais da asistencia médica, ao lugar do accidente acudiron os axentes da Policía Local, que trata de esclarecer as circunstancias do sinistro. Ademais, desde o 112 informouse aos Bombeiros de Vigo e aos membros de Protección Civil da localidade por se fora precisa a súa intervención.

Finalmente, a persoa ferida foi evacuada ata o Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade.

Comentarios