Blog | A lume maino

A semente do xadrez

A semente do xedrez empeza a xermolar en Azraq. Así o describen os mestres que colaboran no programa Estratexias en Paz

DESTA volta os nenos e as nenas do campo de refuxiados de Azraq (Xordania) xa saben o que é un alfil, que a raíña pode moverse en todas as direccións e que o xaque mate é o último dos movementos dunha partida de xadrez. Por terceiro ano consecutivo, os integrantes de Xadrez Pontevedra encheron as maletas de taboleiros, pezas e manuais traducidos ó árabe e marcharon cara unha cidade nacida da nada ó abeiro da desesperación na que milleiros de persoas agardan que se lles abran as portas da Europa das oportunidades.

No ano 2016 os mestres galegos puxeron en marcha unha escola de xadrez naquel deserto que acubillou ás familias sirias que fuxían da guerra no seu país. O proxecto non fai máis que medrar, ata o punto de que Unicef-Relief International vén de anunciar a incorporación do xadrez ás aulas, converténdose en parte do programa educativo como unha ferramenta de gran valor terapéutico.

Os mestres internacionais Daniel Rivera e Pablo García, os monitores, David Fernández e Gonzalo Reboreda, e o mestre de Educación Infantil Yeray González participan nesta nova expedición solidaria e van relatando na súa web a experiencia en primeira persoa.

"Brotes verdes en el desierto jordano" é o título da primeira crónica que os xadrecistas escribironcos pés en terra xordana. "No es fácil expresar los sentimientos ni la impotencia que sobreviene cuando se entra al campo de refugiados sirios de Azraq, en el que cada ser humano de los que sobreviven tiene una trágica historia, les han despojado de la vida sin más y tienen pocas esperanzas de futuro", escriben.

Porén, non poden ocultar a emoción que sentiron ó seren recibidos polos nenos e nenas cunha canción de benvida ou a satisfacción de ver que a práctica deste deporte tivo continuidade malia que eles non estiveran alí. Os cativos saben o vocabulario, recoñecen as pezas e, como todos os nenos, teñen ganas de aprender, de medrare de xogar. "Es muy emocionante ver a refugiados que trabajaron con nosotros los dos años anteriores y que ahora trabajan como profesores de ajedrez llenando un vacío y teniendo una actividad importante", subliñan desde Xordania. "Es maravillosa la implicación y el interés del profesorado que asiste a nuestras clases".

"Nos es fácil expresar la impotencia que sientes en Azraq"

Aínda teñen por diante varias xornadas de traballo en Azraq. Disque a entrega do material doado polos colexios foi especialmente emocionante e a través da súa web van contando o que senten cada vez que poñen un pé no pulmón deste campo de refuxiados e por que proxectos como Estratexias en Paz son necesarios.

Eles enfrontáronse a corazón aberto a unha das realidades que peor fala da condición humana, o esquecemento dunha poboación enteira, vulnerable e asediada. Coma se uns muros de arame ou unha marca na terra ferida fosen suficientes para separar esquecer a miseria e a dor. Son estes mestres de xadrez desas persoas que un día deciden facer unha paréntese no seu xogo para encher de esperanza o baleiro doutras persoas, e logo converten esa paréntese nunha das máis importantes partidas da súa vida.

Comentarios