O autor do asasinato da esposa, a filla pequena e a sogra do xogador de béisbol Blake Bivens, foi detido en Virginia tras unha persecución que se alargou durante unha hora na que o acusado –que corría espido– intentou estrangular un home.
Trátase de Matthew Bernard, o cuñado de Bivens, de 18 anos, que está acusado de tres cargos de asasinato en primeiro grao.
Emily Bivens –a irmá do asasino– , a súa filla Cullen e a súa nai foron atopadas mortas este martes nunha vivenda na localidade de Keeling.