Baixada significativa da presión hospitalaria e novo descenso de contaxios

Una trabajadora sanitaria atiende a un paciente con coronavirus en una planta de hospitalización del Complejo Universitario de Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Unha traballadora sanitaria atende a un paciente con coronavirus nunha planta de hospitalización do Complexo Universitario de Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)

GALICIA. A presión hospitalaria polo covid-19 en Galicia experimentou este luns unha baixada significativa, con 31 pacientes menos ingresados, o que sitúa a cifra total en 300, mentres se rexistrou un novo descenso de contaxios e segue o de casos activos, que queda en 10.038.

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), das 18 horas do luns 23 de agosto, hai 242 pacientes en camas convencionais, 26 menos, e 58 en Uci, cinco menos, polo que a cifra total non supera os 300 por primeira vez desde finais do mes de xullo.

En todo caso, tamén se incrementou o número de falecidos, con seis comunicados polo Sergas este luns, correspondentes ao fin de semana, ata alcanzar a cifra de 2.546.

A cifra de contaxios segue á baixa, con 402 nas últimas horas, fronte aos 447 do domingo, e descende o número de persoas con infección activa en 373, aínda que por baixo dos 467 do día anterior, ata situarse en 10.038.

Desde o inicio da pandemia en Galicia contaxiáronse 175.453 persoas e curáronse 162.900, das que 769 corresponden ao último día.

A incidencia acumulada sitúase en 332,74 casos por cen mil habitantes a 14 días, case 42 puntos por baixo da do venres, pero aínda por encima da media nacional de 317,35.

A taxa de positividad continúa baixando e está no 9,14 % fronte ao 10,79 % da media española, segundo os datos facilitados este luns polo Ministerio de Sanidade.

Por áreas sanitarias, o descenso foi xeneralizado, excepto na de Lugo, que incrementou os seus casos activos ata os 1.292, o que supón 61 máis.

A área da Coruña segue á cabeza en número de casos, con 2.930 (-116), seguida de Vigo, con 2.282 (-147). Despois está a área de Lugo; a de Santiago, con 1.202 (-9); a de Pontevedra, con 884 (-61); a de Ferrol, con 751 (-34), e a de Ourense, con 697 (-17).

En Galicia, administráronse 3.920.648 dose da vacina contra a covid-19 e xa hai 1.926.497 persoas que contan coa pauta completa.

A cifra de PCR realizadas na comunidade ascende a 2.706.602, das que 3.373 corresponden á última xornada, e fixéronse 770.779 test de antígenos e 1.087.418 doutras probas de detección.

Comentarios