A quinta onda de covid continúa remitindo en Galicia

Un home camiña xunto a un mural en homenaxe aos sanitarios que loitaron contra o coronavirus nunha rúa de Melide. EFE/ Eliseo Trigo
photo_camera Un home camiña xunto a un mural en homenaxe aos sanitarios que loitaron contra o coronavirus nunha rúa de Melide. EFE/ Eliseo Trigo

Os casos activos de covid-19 descenden de novo en Galicia ata os 8.953, é dicir, 331 casos menos que no anterior reconto mentres que os contagios tamén caen, con 452 persoas contaxiadas nas últimas 24 horas, 107 menos, nunha xornada na que a presión hospitalaria tamén descende.

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) das 18 horas do venres 26 de agosto, hai ingresados nos hospitais galegos un total de 249 pacientes de covid-19, 25 menos que no reconto anterior.

En planta convencional rexístranse un total de 194 pacientes, 23 menos que este venres e na UCI agora mesmo hai 55 persoas ingresadas, dúas menos.

O número de persoas con infección activa continúa caendo, con 331 menos que o xoves e sitúase en 8.953, do mesmo xeito que os novos contagios, xa que se contabilizan 452 fronte aos 559 do último reconto, é dicir, 107 menos.

Doutra banda, a incidencia acumulada en Galicia sitúase nos 294,65 casos por cen mil habitantes a 14 días, é dicir, 9,5 puntos por baixo da do xoves, pero aínda por encima da media nacional, que se sitúa en 264,13.

Ademais, a taxa de positividad sitúase no 8,61 % fronte ao 10,26 % da media española, segundo os datos facilitados este venres polo Ministerio de Sanidade.

Desde o inicio da pandemia en Galicia, contaxiáronse un total de 177.529 persoas e curáronse 166.050 165.271, das que 779 corresponden ás últimas 24 horas. O número de falecidos ascende a 2.557, tras catro novos falecementos comunicados este venres polo Sergas.

Por áreas sanitarias, soben os casos de infección activa nas áreas de Lugo, que conta con 1.437 casos activos (60 máis); Santiago, que notifica 1.320 casos (29 máis); e Ourense, que contabiliza 708 casos (1 máis).

Mentres, segue o descenso no resto de áreas: Vigo suma un total de 1.773 casos activos (170 menos); A Coruña, contabiliza 2.384 casos (146 menos); Pontevedra notifica 689 casos (42 menos); e Ferrol contabiliza 642 (18 menos).

En Galicia, administráronse 4.047.960 dose da vacina contra o covid-19 e xa hai 2.004.452 persoas que contan coa pauta completa.

A cifra de PCR realizadas na comunidade ascende a 2.728.327, das que 5.585 corresponden á última xornada, e fixéronse 782.182 test de antígenos e 1.094.831 doutras probas de detección.

Comentarios