Imprimir

Os casos activos en Galicia elévanse en 20 ata os 280 no oitavo día consecutivo de alza

Europa Press | 31 de julio de 2020

Varias mulleres con máscara en Foz. EUROPA PRESS
Varias mulleres con máscara en Foz. EUROPA PRESS
Dá positivo un traballador da residencia de maiores de Paradela, que eleva a dous os casos en residencias 

Os casos activos experimentaron este venres unha nova alza, por oitavo día consecutivo, ao rexistrar 20 novos positivos que elevan o total de persoas con coronavirus en Galicia ás 280, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade. 

En concreto, a área sanitaria na que se produce un maior incremento é a da Coruña, onde hai 11 novos casos máis, ata os 87. Precisamente, nesta zona, ademais doutros casos illados, o xoves transcendeu un brote de 17 persoas relacionadas cun ximnasio situado no núcleo de Meicende, en Arteixo. Pola súa banda, 33 dos 46 membros da expedición do Fuenlabrada que permanecen confinados nun hotel da cidade recibiron este venres a alta epidemiolóxica. 

Así mesmo, tamén aumentan, neste caso con oito positivos máis, os casos rexistrados na área sanitaria de Ourense, onde na xornada do xoves detectáronse tres novos positivos entre os contactos do matrimonio de nonaxenarios de Vilar de Barrio. 

Ademais, tamén aumentan os casos na área de Pontevedra, que pasan de 23 a 25 despois de coñecerse dous positivos máis. 

Pola súa banda, mentres que na área de Vigo mantéñense en 80, en 23 na de Santiago e en 2 na de Ferrol; experiméntase un descenso na de Vigo, que pasa de 49 a 48 casos este venres.

HOSPITALIZACIÓNS.  No tocante a hospitalizacións, increméntanse en tres casos, ata as 12. Ademais, unha persona está na UCI mentres que 267 permanecen no seu domicilio --17 máis--. 

Ata este venres, Galicia rexistra un total de 11.272 curados e 619 falecementos, dos que 274 están relacionados con residencias de maiores. A cifra de mortes que deixa a pandemia na comunidade permanece sen variación desde o pasado 10 de xuño.

DOUS CASOS EN RESIDENCIAS. En canto aos casos en residencias, na xornada deste venres transcendeu un novo contaxio, xa que deu positivo un traballador da Residencia de Maiores de Paradela, en Lugo. 

Este caso sumar ao positivo dunha traballadora dun centro de Xove que, segundo fontes próximas, contaxiouse, do mesmo xeito que outros familiares, por unha visita procedente de Cataluña. 

O número de PCR realizadas en Galicia até o momento é de 250.012, 1.468 máis con respecto aos datos do xoves. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/casos-activos-elevanse-20-ata-280-oitavo-dia-consecutivo-alza/20200731124316082551.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)