Imprimir

Iago Aspas renova ata 2023

Efe | 17 de abril de 2019

Iago Aspas aplaude en Balaídos. SALVADOR SAS (Efe)
Iago Aspas aplaude en Balaídos. SALVADOR SAS (Efe)

O novo contrato do de Moaña co Celta acabará o ano do centenario do club

O Celta de Vigo anunciou este mércores a ampliación de contrato por un ano máis, ata o 30 de xuño de 2023, do internacional español Iago Aspas, quen será celeste ata o centenario do club.

"Iago Aspas continuará lucindo ata 2023 o escudo que tantas veces sinalou con orgullo e paixón nos estadios de todo o país. A canteirán forma xa parte da historia do club polas súas impresionantes cifras e a oportunidade e o valor dos seus goles. Esta historia terá novos episodios, polo menos, ata o centenario", sinala a entidade no seu comunicado.

Tras dous anos sen minutos un Liverpool e Sevilla, o dianteiro regresou no verán de 2015 ao equipo no que se formou para conducilo á súa primeira semifinal da Europa League. As últimas dúas tempadas foi o máximo goleador español en LaLiga con 19 e 22 tantos, respectivamente.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/deporte-general/iago-aspas-renova-ata-2023/20190417154747056769.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)