Roberto Trashorras, sen equipo tras rescindir o seu contrato co Rayo Vallecano no pasado mes de xaneiro, podría reforzar a medular de Las Palmas no seu intento de fuxir do descenso a Segunda División.
Varios medios apuntan este luns a que Paco Jémez, adestrador dos canarios, pediría a fichaxe do mediocentro de Rábade, de 36 anos. Trashorras e Jémez coincidiron catro tempadas en Vallecas, onde o galego foi imprescindible no esquema do adestrador andaluz.
Trashorras ocuparía ficha que presumiblemente deixará libre Jonathan Viera, a piques de pechar a súa fichaxe polo Beijing Gouan.