A Audiencia de Málaga rexeita investigar se Julen morreu durante os labores de rescate

Un xulgado xa desestimou en marzo o recurso da defensa do dono do terreo

Trabajos de rescate de Julen en Totalán. EFE
photo_camera Traballos de rescate de Julen en Totalán. EFE

A Audiencia Provincial de Málaga rexeitou que se investigue se Julen, o neno de 2 anos que faleceu tras caer o pasado 13 de xaneiro a un profundo pozo en Totalán, puido morrer nos labores de rescate. 

O Xulgado de Instrución 9 de Málaga xa desestimou o pasado marzo o recurso da defensa do dono da leira, que o presentou ante a Audiencia, que agora tamén o rexeita. Segundo o auto ao que tivo acceso Efe, confirma integramente a resolución da xuíza instrutora.

Os maxistrados consideran que non se debe dilatar a instrución "con actos de investigación innecesarios" e entenden que as pretensións da defensa do dono do terreo son "innecesarias e dilatorias de forma indebida".