O avogado da Manada pide que non se relacione a condena por abusos sexuais con delitos anteriores

Despois de que se filtrase un vídeo no que se ve a tres dos membros do grupo furtando unhas lentes de sol 24 horas antes da agresión de Pamplona, o letrado subliña que "non é causa efecto"

Agustín Martínez Becerra, defensor de cuatro de los cinco miembros de La Manada. JAVIER CEBOLLADA (EFE)
photo_camera Agustín Martínez Becerra, defensor de catro dos cinco membros da Manada. JAVIER CEBOLLADA (EFE)

Agustín Martínez, o avogado de catro dos cinco membros da Manada, pediu este martes que non se relacionen "accións anteriores" dos seus defendidos co suceso dos Sanfermines de 2016 polo que están condenados por abusos sexuais, rexeitando que se difundan imaxes de furtos cometidos por eles. O letrado lamentou que se difundan "cousas que non teñen sentido", indicando que "parece que hai xente interesada en facer ver que cometer un delito económico, que está moi mal, pode estar relacionado co que se lles acusa en Pamplona".

Dixo, neste sentido, que en España se cometen uns 712.000 furtos ao ano "e que se retransmita un é, cando menos, peculiar", en relación coas imaxes difundidas dun presunto furto de lentes o día antes do caso de abuso sexual polo que están condenados.

"Parece que se quere sacar todo o malo que poidan facer", dixo o letrado, que recordou que o furto ou o caso de abuso sexual "non é causa efecto, é algo deplorable, pero non ten vinculación". 

Comentarios