Ayuso, desde Galicia, carga contra o Goberno de Sánchez pola "súa obsesión" con Madrid

A popular, que asistiu á toma de posesión de Feijóo, criticou que o Executivo queira "desestabilizar" a Comunidade
Ayuso y Feijóo, este sábado en Santiago. LAVANDEIRA JR
photo_camera Ayuso y Feijóo, este sábado en Santiago. LAVANDEIRA JR

A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, cargou este sábado contra a "obsesión" do Goberno da nación por "desestabilizar" a Comunidade de Madrid polas cifras do coronavirus, unha postura que "compromete a reactivación do conxunto do país".

"A sociedade madrileña é próspera, traballadora e aberta ao resto de España e do mundo. A irresponsable obsesión por desestabilizarnos compromete a reactivación do conxunto de país", escribiu Ayuso na súa conta de Twitter.

Ayuso asistiu este sábado en Galicia á toma de posesión de Feijóo como presidente da Xunta.
Desde o Goberno madrileño consideran que se está producindo un "asañamento" coa comunidade, despois de que o director de coordinación de Alertas e Urxencias Sanitarias, Fernando Simón, sinalase que o aumento dos casos e falecidos por coronavirus se debía aos datos de Madrid.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tamén admitiu esta semana que hai inquietude no Executivo sobre os datos da pandemia na Comunidade de Madrid: "Preocúpanos o estado da saúde pública e a evolución da pandemia en Madrid".

Ayuso recriminou a Sánchez que non lle concedera en doce meses unha reunión e agradeceulle "a súa preocupación" pola situación do coronavirus na rexión. 

Comentarios