Britney Spears ingresa nunha clínica mental

A cantante estadounidense sofre unha crise de angustia provocada pola enfermidade do seu pai

Britney Spears. INSTAGRAM
photo_camera Britney Spears. INSTAGRAM

A cantante estadounidense Britney Spears está ingresada nunha clínica de saúde mental pola angustia que lle provocou a enfermidade do seu pai, segundo revelou o medio especializado en famosos TMZ.

Spears, de 37 anos, ingresou á clínica a semana pasada e está previsto que viva aí un mes, segundo as fontes consultadas por TMZ, que indicaron que o estado da cantante "é serio e non mellora". A orixe da súa angustia está nos problemas de saúde do seu pai, Jamie Spears, que foi sometido a dúas operacións para solucionar complicacións no intestino e o colon.

A cantante compartiu unha imaxe na rede social Instagram co texto "Namórate de coidar a túa mente, corpo e espírito". 

O pai de Spears tivo un importante rol nos momentos máis duros da vida da cantante asumindo a súa tutela cando en 2008 foi ingresada nun psiquiátrico

A parella sentimental de Spears, Sam Asghari, compartiu a mesma imaxe que a cantante e dixo: "Isto non é debilidade, é fortaleza. A xente só debería estar inspirada con isto, polo menos eu o estou".

Os problemas de saúde do seu pai xa provocaron que en xaneiro a cantante suspendese de forma "indefinida" todas as súas actuacións. Spears tiña previsto empezar en febreiro o seu segundo espectáculo permanente nas Vegas, Britney: Domination, que estaba programado ata agosto e co que segundo People, íase a embolsar medio millón de dólares por actuación.

"Vou dedicar a miña atención e enerxía a coidar da miña familia. Temos unha relación moi especial e quero estar coa miña familia nestes momentos da mesma forma que eles estiveron comigo sempre", dixo Spears, que revelou que o seu pai "estivo a piques de morrer".

O pai de Spears tivo un importante rol nos momentos máis duros da vida da cantante asumindo a súa tutela cando en 2008 foi ingresada nun psiquiátrico e perdeu a custodia dos seus fillos.

Comentarios