Brutal agresión machista dun home á súa noiva nun programa ruso

Un dos concursantes abalanzouse sobre a súa parella dándolle patadas e puñadas

As imaxes da terrible agresión machista ocorrida no programa de telerrealidade ruso Dom 2 deron a volta ao mundo.

Andrey Shabarin, un dos concursantes, abalanzouse sobre a súa noiva, Rozalia Raison, para propinarlle unha brutal malleira. Dous dos seus compañeiros intentaron frealo, pero foi imposible. O programa expulsouno inmediatamente.

 

A violencia de Shabarin desencadeouse, segundo publica El Periódico, por mor de que lle preguntasen a Raison se algúns dos seus compañeiros lle tocara ao que respondeu: "Bo, abrazáronme".

A concursante decidiu abandonar o talent.