Buscan a unha pasaxeira dun cruceiro que podería ter caído ao mar en Menorca

Está a ser buscada por Salvamento Marítimo

Crucero Norwegian Epic. EP.
photo_camera Cruceiro Norwegian Epic. EP.

Unha pasaxeira dun buque de cruceiro que podería ter caído ao mar está a ser buscada desde primeira hora da mañá por dous helicópteros de Salvamento Marítimo, unha embarcación rápida e un avión do Servizo Aéreo de Rescate (SAR) en augas ao norte-noroeste de Menorca.

Tras a alerta por parte do cruceiro "Norwegian Epic", onde se botou en falta á muller ao redor das 8.30 horas, acudiron o helicóptero Helimer 220 desde o aeroporto de Palma e a embarcación de intervención rápida de Salvamento Marítimo Salvamar Aldebarán, con base en Ciutadella, informou o centro de Baleares de Salvamento Marítimo.

Cando estaban a levar a cabo os labores de procura, activouse outra alerta, por parte do veleiro "Lucky Bird", que se atopaba nunha posición próxima. Tras a alerta da radiobaliza, desviouse o helicóptero que rescatou sans e salvos aos dous tripulantes do veleiro e trasladounos a Palma.

Posteriormente, o helicóptero retomou a procura da pasaxeira do cruceiro xunto a outro aparello de Salvamento Marítimo con base en Reus, a lancha rápida, o avión da á 49 do SAR de Mallorca e o propio cruceiro que se dirixía a Palma e desviou a súa ruta. Ademais activouse un aviso de socorro a todos os navegantes da zona.

Comentarios