A Policía de Veracruz (México) investiga un lamentable episodio de malos tratos animais sucedido na localidade de Córdoba. Segundo varios medios locais, un grupo de indiviudos mataron a un can golpeándoo varias veces cun bate ao utiilzalo coma se fose unha pelota de béisbol.
Unha das persoas que se atopaba no lugar gravou co seu teléfono a agresión e as imaxes non tardaron en compartirse pola cidade ata que chegou a mans da Policía. Agora os axentes traballan para identificar os responsables.