Un can ataca e morde na cara a unha nena de tres anos en Soria

A pequena foi trasladada a un hospital de Valladolid dada a gravidade das feridas

Pitbull. EP
photo_camera Un can de raza perigosa.EP

Unha nena de tres anos foi trasladada a un centro hospitalario de Valladolid tras ser mordida na cara por un can na noite deste mércores na zona da Barriada, en Soria.    

O 112 recibiu unha chamada ás 21.55 horas na que se alertaba do suceso, tras o que ata o lugar dos feitos desprazouse unha ambulancia do Sacyl, así como axentes da a Policía Local e da Policía Nacional.    

A pequena foi evacuada nun principio ao Hospital Santa Bárbara de Soria, desde onde se acordou un traslado a Valladolid ante a gravidade dos danos sufridos pola nena.