Casado: "O PP conseguiu que o Goberno de Sánchez tire a toalla"

O líder do PP asegura que no seu partido están "moi contentos"

Pablo Casado. KAI FÖRSTERLING (EFE)
photo_camera Pablo Casado. KAI FÖRSTERLING (EFE)

O líder do PP, Pablo Casado, asegurou que o seu partido "conseguiu como oposición que o Goberno de Sánchez tire a toalla" e por iso están "moi contentos", aínda que criticou a "instrumentalización" da Moncloa co "mitin" que, ao seu xuízo, deu este venres o presidente do Goberno.

Nunha rolda de prensa na sede de Xénova tras o anuncio do adianto electoral para o 28 de abril, Casado considerou que Sánchez convocou porque o PP pillouno "negociando" cos independentistas, e nas urnas haberá que elixir se se quere un Goberno "que negocie con Torra ou un partido que aplique o 155".

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este venres, tras unha reunión extraordinaria do Consello de Ministros, a disolución das Cortes o próximo 5 de marzo e a convocatoria de eleccións xerais para o 28 de abril porque entre "non facer nada" ou dar a palabra aos españois nas urnas elixiu o segundo.

Comentarios