Case a metade de migrantes do Aquarius queren ir a Francia, di o Goberno

A vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, asegura que se deu "unha imaxe moi solvente do noso país e devólvenos o crédito para o que todos debemos contribuír"

Algunas de las personas que han sido trasladadas al complejo educativo de Cheste. KAI FORSTERLING (EFE)
photo_camera Un grupo dos 629 migrantes que foron rescatados no Mediterráneo e trasladados ao Aquarius. SOS MEDITERRANEE

A vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, afirmou este luns que case a metade dos migrantes chegados a España no operativo do buque Aquarius queren ir a Francia, país que de momento parece que vai colaborar. Díxoo Calvo á súa chegada á sede socialista madrileña de Ferraz, onde cualificou de situación "bastante idónea" a oferta de Francia pois trátase de cooperar e de cumprir a normativa europea e o dereito internacional".

Calvo resaltou que a xestión española foi "magnífica", tanto por parte da ONG que colaboran como por parte das autoridades autonómicas e os ministerios implicados. Deuse "unha imaxe moi solvente do noso país e devólvenos ao crédito para o que todos debemos contribuír" co fin de que esta sexa "a imaxe de España e non outras", recalcou.

Así mesmo, sinalou que o Goberno afrontou a situación cunha "resposta democrática e estrita" a unha crise humanitaria pero que "obviamente" pon o tema no debate europeo; "hai que cumprir a nosa normativa común" e dar "unha resposta razoable das democracias europeas ao mundo", aseverou.

Calvo engadiu que cumprirán os "propios compromisos como Goberno de España" e farao o "presidente en primeira persoa coa axenda que vai ir desenvolvendo".

Por outra banda, o Executivo subliñou nun comunicado que hai que facer as fronteiras seguras, pero de forma compatible cos dereitos humanos dentro e fóra das nosas fronteiras. "A seguridade das fronteiras debe ser sempre conforme ao cumprimento estrito das nosas obrigacións en materia de dereitos humanos", segundo o Goberno, que recordou que no operativo da fin de semana estiveron implicados oito ministerios e 2.300 traballadores e voluntarios baixo a coordinación do Goberno e a Generalitat Valenciana.

Así se fixo posible a asistencia sanitaria e social, a identificación e o traslado das 630 persoas procedentes do barco.

Os migrantes chegados terán autorizada unha entrada extraordinaria a España por motivos humanitarios de 45 días unha vez pasados os trámites documentais por parte da Policía Nacional. Das 630 persoas que viaxaban nas embarcacións (Aquarius, Dattilo e Orione), 541 son homes e 88 son mulleres, ademais dun bebé de poucos días. Viaxaban 140 menores, dos que 123 non están acompañados.

As persoas que viaxaban no Aquarius son de 26 nacionalidades, os máis numerosos proceden de Sudán, Nixeria, Eritrea e Sudán do Sur.

As embarazadas e as mulleres con fillos foron derivadas a un Centro de Acollida para mulleres da Generalitat Valenciana e os menores non acompañados foron trasladados a Centros de Menores xestionados pola Generalitat. Todas as familias con menores foron acollidas nun recurso da Generalitat especializado e realizaráselles a proba de ADN para confirmar os vínculos familiares.

Pola súa banda, os homes e mulleres que viaxaban sos foron derivados a un albergue onde permanecerán de forma provisional. E dispúxose un espazo en habitacións compartidas para as 34 mulleres soas que viaxaban a bordo da flota.

Comentarios