O congreso para elixir ao sucesor de Mariano Rajoy será os días 20 e 21 de xullo

O obxectivo é que o partido estea xa en setembro en perfecto "estado de revista"

El expresidente del Gobierno Mariano Rajoy. MARISCAL
photo_camera Mariano Rajoy, na xunta directiva do PP. MARISCAL

O Partido Popular celebrará o congreso extraordinario para elixir á substitución de Mariano Rajoy e a nova dirección os próximos 20 e 21 de xullo, segundo anunciou o líder do partido.

No seu discurso ante a Xunta Directiva Nacional do PP, Rajoy anunciou estas datas que debe ratificar agora este órgano porque, segundo explicou, o PP non debe demorarse en ofrecer "certidumbre e seguridade".

Por iso xustificou que se convoque o Congreso nos prazos máis breves que permiten os estatutos do PP. "Imos facer as cousas en tempo e prazo, con orde, pero sen perder un segundo porque os españois non poden estar a esperar por nós", dixo.

Tras insistir en que hai que limitar ao máximo o período de tránsito e interinidade no PP, pediu que o seu partido non se enrede nun "proceso de ensimismamiento". O obxectivo é que o PP estea xa en setembro en perfecto "estado de revista".

Comentarios