Detida por apuñalar e queimar nun forno á súa neta de 20 meses

Foi o irmán da acusada quen localizou o corpo da pequena

Unha veciña de Mississippi, Estados Unidos, foi acusada este martes de asasinar á súa neta, de 20 meses de idade, segundo recolle o diario 20 minutos.

O irmán da muller, Carolyn Jones, foi quen localizou o corpo da pequena, con signos de violencia e queimado, no interior do forno da vivenda de Jones.

A Policía de Mississippi investiga agora as causas da morte do bebé e se esta faleceu antes ou despois de que a introducisen no forno.

Polo momento, descoñécese onde estaban os pais da cativa no momento da súa morte.

Comentarios