Detido un home tras achar á súa parella despezada en Alcalá de Henares

A nai da vítima denunciara a súa desaparición en decembro ► O cadáver estaba nun conxelador

A Policía Nacional detivo este venres de madrugada a un home de 42 anos tras achar o cadáver despezado da súa parella, unha moza de 22 anos, nun arcón conxelador nunha vivenda de Alcalá de Henares, en Madrid.

O detido era parella sentimental da vítima, cuxa desaparición denunciara a súa nai o pasado mes de decembro, aínda que a súa familia non sabía nada dela desde setembro de 2017, informaron a Efe fontes da investigación. 

Foi este xoves pola tarde cando os axentes descubriron o cadáver descortizado da muller, de nacionalidade española, nun arcón conxelador no interior dunha bañeira, nun piso do número 3 da rúa Camiño de Santiago, na cidade complutense. 

Horas despois do achado, sobre as 4.30 horas do venres, a Policía detivo en Alcalá de Henares ao presunto autor do que todo apunta a que se trata dun crime machista. De confirmarse como caso de violencia machista serían oito as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de 2019.

Desde 2003, primeiro ano do que hai estatísticas oficiais, foron asasinadas 983 mulleres. Os nenos mortos pola violencia machista incluíronse en 2013, e desde entón foron asasinados 27 menores e 225 quedaron orfos.