Detido en Madrid Jordi Alemany, membro da ANC

Foi reclamado por un xulgado de Xirona que o investiga por incidentes do 1-O

Jordi Alemany
photo_camera Jordi Alemany

A Policía Nacional detivo en Madrid ao membro do Secretariado Nacional da ANC Jordi Alemany, investigado por unha acción dos CDR no aniversario do 1-O e en virtude dunha orde xudicial por non comparecer a semana pasada no xulgado de Xirona que investiga os feitos.

Fontes policiais indicaron a Efe que Alemany foi arrestado ao redor das 12:30 horas ao intentar quitar unha bandeira a un dos asistentes á manifestación contra o independentismo catalán e a favor da unidade de España convocada en Madrid esta mañá e que discorreu entre a praza de Callao e a Audiencia Nacional.

Foi cando os policías procederon á identificación de Alemany cando descubriron que tiña unha requisitoria xudicial de detención por non presentarse o pasado día 7 ante o titular do xulgado de instrución de Xirona que lle citou como investigado por unha acción dos CDR no aniversario do 1-O. 

Comentarios