Detido Willy Toledo tras non acudir a declarar en dúas ocasións

O actor foi denunciado por suposta vexación dos sentimentos relixiosos

Willy Toledo. ZIPI
photo_camera Willy Toledo. ZIPI

O actor Willy Toledo foi detido este mércores en execución da orde ditada contra el polo Xulgado de Instrución número 11 de Madrid por non acudir a declarar en dúas ocasións por unha denuncia por suposta vexación dos sentimentos relixiosos, segundo informaron a Efe fontes xurídicas.

O actor será levado este xoves ante o xuíz para que lle tome declaración.

O pasado luns Toledo sinalou nunha mensaxe no seu perfil de Facebook que levaría o seu acto de desobediencia "ata as últimas consecuencias" e que esperaría "pacificamente" aos axentes de seguridade do Estado sen entregarse.

Comentarios