As duras imaxes de Emilia Clarke, de 'Juego de Tronos', tras sufrir dous aneurismas

A actriz difundiu varias fotos dela no hospital recuperándose tras pasar polo quirófano

Emilia Clarke. EP
photo_camera Emilia Clarke. EP

A actriz Emilia Clarke, que dá vida a Daenerys Targaryen en Juego de Tronos, quixo compartir nas redes sociais as imaxes dun dos momentos máis duros da súa vida: a súa loita contra o aneurisma. A intérprete confesou recentemente que a principios de 2011 sufriu unha hemorraxia cerebral mentres practicaba deporte nun ximnasio e, dous anos máis tarde, tivo que ser intervida por segunda vez ao descubrírselle un segundo derrame.

"Unha pequena parte do meu cerebro morreu", confesou Clarke, de 32 anos, que difundiu agora impactantes fotografías das súas estancias hospitalarias. Nelas vese a unha Emilia máis nova, fráxil, rodeada de equipos médicos e incluso con tubos na cabeza.

 

 
 
 
 

Comentarios