España só detecta unha media de 3 contactos por cada positivo en coronavirus

Trabajos de investigación sobre el coronavirus. EFE
photo_camera Traballos de investigación sobre o coronavirus nun laboratorio madrileño. EFE

España non consegue detectar a máis de tres contactos de cada persoa diagnosticada de Covid-19 para facer o seguimento da enfermidade, aínda que as diferenzas por comunidades son moi grandes: mentres Canarias é capaz de localizar ata 27 contactos, outras como Cataluña só logran identificar a dous. 

Así o recolle o último informe da Situación de Covid-19 en España, que publica o Instituto de Saúde Carlos III cos casos diagnosticados a partir do 11 de maio e ata o 15 de xullo, datas nas que se identificaron 22.997 casos de coronavirus. 

Segundo as cifras do Carlos III, Canarias é a comunidade autónoma con strong <>máis capacidade de rastrexo dos contactos que tiveron os recentemente diagnosticados (localizan a entre 3 e 27 persoas coas que houbo un contacto máis ou menos estreito). 

Galicia detecta entre un e seis contactos por positivo

Tras ela atópanse Melilla (entre 4 e 16 contactos) e Ceuta (4-12) seguidas de Andalucía e Extremadura (entre 2 e 11 ambas). Navarra (3-8) e Murcia (0-7) están a metade da táboa e xusto por detrás atópanse Aragón e a Comunidade Valenciana (2-6); e Castilla y León, Galicia e País Vasco (1-6). 

Nas últimas posicións da táboa atópase Cataluña, onde os rastreadores só localizan a un máximo de 2 contactos dos novos diagnosticados (0-2). Asturias, Catilla La Mancha e Madrid (0-3) tampouco logran detectar moitos máis, mentres que La Rioja localiza entre 1 e 5. 

O informe do Carlos III non dispón dos datos de Cantabria nin de Baleares

Do total de 22.997 casos de coronavirus diagnosticados desde o 11 de maio, o 56 % son mulleres. Un 9,1 % foron hospitalizados, un 0,7 % foron ingresados na UCI, e un 0,9 % faleceu. 

Segundo estes datos, a maior proporción de casos prodúcense no grupo de 15 a 59 anos (o 76 % do total) e a idade media está en 48 anos -algo maior en mulleres (50 anos), que en homes (47). 

Nas conclusións do informe, advírtese de que a incidencia acumulada de Covid-19 experimentou un "aumento significativo" do 23 % desde a semana do 22 ao 28 xuño á seguinte e do 41 % entre a primeira e a segunda semana de xullo (ata o día 12). 

Por comunidades, obsérvase unha maior taxa acumulada en Cataluña, a Comunidade Valenciana, Estremadura e Galicia, entre a última semana de xuño e a primeira de xullo, e en Andalucía, Aragón, Cataluña, Estremadura, Navarra, País Vasco, e A Rioxa entre as dúas primeiras semanas de xullo. 

Dende que a persona infectada presenta síntomas ata o seu illamento adoitan transcurrir 7 días

A evolución diaria dos casos e as hospitalizacións mostraba unha tendencia descendente ata o 14-15 de xuño, pero desde mediados de xuño, apréciase un aumento no número de casos, mentres que as hospitalizacións, ingresos en UCI e defuncións manteñen unha tendencia á estabilidade. 

Dos casos diagnosticados, un 44 % de presentou síntomas, o 93 % dos diagnósticos realizáronse con PCR, un 51 % non refería contacto coñecido cun caso diagnosticado de Covid-19 e o ámbito máis frecuente de exposición deuse na contorna do domicilio (25 %). 

Ademais, un 12 % dos casos son persoal sanitario ou sociosanitario, e esta porcentaxe é significativamente maior entre as mulleres que entre os homes (16,5 % fronte a 6 %), de maneira que o 79 % do persoal sanitario con Covid-19 notificado desde o 11 de maio son mulleres. 

A porcentaxe de casos importados é do 1,8 %

Segundo os datos, o tempo medio entre o inicio de síntomas e o primeiro contacto co sistema sanitario é de 2 días, ata o diagnóstico 3, e ata o illamento 2 días

Comentarios