Falece Inés Zorreguieta, irmá da raíña Máxima de Holanda

Sufría problemas depresivos e foi atopada sen vida na súa casa en Bos Aires

Máxima de Holanda. EP
photo_camera Máxima de Holanda. EP

A Casa Real holandesa confirmou este xoves o falecemento da irmá da raíña Máxima de Holanda, Inés Zorreguieta, aos 33 anos de idade, segundo un comunicado do Servizo de Información do Goberno de Holanda.

"Estou moi conmocionada e moi triste", dixo a monarca holandesa, de orixe arxentina, segundo un comunicado.

A irmá da raíña sufría problemas depresivos e foi atopada morta na súa casa en Bos Aires, no que probablemente sexa "un suicidio", segundo confirma un portavoz do Goberno neerlandés á televisión holandesa NOS.

Descoñécese cando será enterrada ou cando viaxará Máxima a Arxentina para acudir ao funeral da súa irmá máis pequena, que era 13 anos máis nova que ela.

Inés era a madriña da princesa Ariane e foi unha das damas de honra de Máxima cando esta casou co rei Guillermo Alejandro, unha voda á que non puido asistir o pai das Zorreguieta, Jorge, polo escándalo que o relacionaba coa ditadura arxentina.

Desde hai anos, Inés sufría dun trastorno alimenticio e foi admitida a unha clínica psiquiátrica por uns meses.

Así mesmo, recibiu fortes críticas despois de recibir un traballo na presidencia de Mauricio Macri, o que se considerou como un xesto de "favoritismo" pola prensa arxentina.

Inés é o segundo familiar que perde a raíña Máxima en menos dun ano, xa que o pasado agosto tamén morreu o seu pai, aos 89 anos. 

Comentarios