Falece o saxofonista de Reincidentes e Extremoduro, José Luís Neto 'Selu'

Selu durante unha actuación con Reincidentes. TWITEER
photo_camera Selu durante unha actuación con Reincidentes. TWITEER

O saxofonista José Luís Neto Rosado, Selu, colaborador de grupos como Extremoduro ou Reincidentes, faleceu aos 60 anos, segundo informou o grupo sevillano de rock a través das redes sociais. 

"Hoxe con enorme tristeza témosvos que informar o falecemento de José Luís Neto Rosado Selu, o que foi membro de Reincidentes entre 1987 e 1993. á cabeza veñen mil recordos, imaxes, anécdotas, momentos bos e momentos de merda.... Nin que dicir ten que estamos abatidos. Ata sempre compañeiro, brindamos por ti!", escribiu a banda Reincidentes na súa conta de Facebook. 

Unha mensaxe que tamén colgaron en Twitter, onde engadiron: "Querémosche, irmán, alá onde hostias esteas. Estamos en shock. Gran ano 2020. Xa acabará.". 

Ao músico, pai do actor José Luís Neto Lindo, coñecido como Selu Neto e que traballou en series como El Secreto de Puente Viejo, débenselle éxitos como o disco Pedrá de Extremoduro, traballo do que foi ideólogo. Tamén editou outro dos grandes éxitos da banda liderada por Robe, á que se uniu en 1993 tras abandonar Reincidentes, ¿Dónde están mis amigos?.

Comentarios