Tres feridos graves nun bar de Palma por deflagración de cócteles flameados

Sufriron queimaduras de segundo e terceiro grao

Hospital Son Espases. GOOGLE MAPS
photo_camera Hospital Son Espases. GOOGLE MAPS

Tres persoas atópanse en estado grave, unha delas unha muller que tivo que ser trasladada de Palma a Barcelona, pola deflagración onte á noite de varios cócteles flameados nun local da rúa Botería da capital balear, informou a Efe o 061. Os feridos son unha muller de 33 anos, que sufriu feridas de segundo e terceiro grao, e dous homes de 34 e 48 anos. 

Os tres resultaron feridos graves, foron ingresados en Son Espases, o hospital de referencia das Illas Baleares, pero debido á gravidade das queimaduras, a muller foi trasladada nun avión sanitario do 061 ata o hospital Vall d'Hebrón de Barcelona, especializado en queimados.

O accidente tivo lugar nun bar do barrio da Lonxa de Palma ás 23.30 horas cando se estaban preparando varios cócteles flameados. Trátase de bebidas mesturadas que conteñen unha pequena dose de alcol inflamable de alta gradación que se acenden antes de consumilo.

Ao lugar do suceso acudiron varias patrullas da Policía e ambulancias do 061 para tratar aos feridos. 

Comentarios