A Fiscalía sueca reabre a investigación contra Assange por suposta violación

O caso fora pechado hai dous anos ante a imposibilidade de facer avanzar a investigación

Julian Assange. AEP
photo_camera Julian Assange. AEP

A Fiscalía sueca decidiu este luns reabrir o caso por un suposto delito de violación contra o fundador do portal WikiLeaks, Julian Assange, que fora pechado hai dous anos ante a imposibilidade de facer avanzar a investigación.

A fiscal superior adxunta Eva-Marie Persson, que activará a orde de arresto europea, aludiu ao cambio nas circunstancias persoais de Assange despois de que Ecuador lle retirara o asilo e á solidez das sospeitas contra o xornalista australiano.

Assange está detido nunha prisión de máxima seguridade en Reino Unido, á espera de que se resolva unha petición de extradición a Estados Unidos, onde a xustiza o reclama polas filtracións de documentos secretos feitas polo seu portal, que poderían custarlle unha pena de polo menos cinco anos de prisión.

Comentarios