Forte descenso do número de mortos diarios: 288

É a cifra máis baixa desde o 20 de marzo
Fernando Simón y Pedro Sánchez, este domingo. MONCLOA
photo_camera Fernando Simón e Pedro Sánchez, este domingo. MONCLOA

A cifra diaria de mortos por coronavirus en España caeu ata 288, 90 menos que o sábado, co que suma un total 23.190 en tanto que os novos casos diagnosticados nas últimas 24 horas descenderon aos 1.729 e fan un total de 207.634.

Seguen aumentando as altas que, con outras 3.024 persoas curadas en 24 horas, suman 98.

MEDIDAS DE ALIVIO. Estes datos chegan o mesmo día en que os máis pequenos poden saír por primeira vez desde o inicio do confinamento, o pasado 14 de marzo, para dar un paseo dunha hora ao día, nun radio dun quilómetro ao redor do seu domicilio.

A tendencia tamén levou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a anunciar este sábado algunhas medidas de desescalada, como a opción de saír a facer deporte de xeito individual ou de dar paseos coa persoa "conviviente" a partir do 2 de maio.

Comentarios