Foxe do cárcere de León un dos presos máis perigosos de España

Santiago Izquierdo Trancho, que chegou a sumar 138 anos de cárcere por delitos como asasinato ou secuestro de funcionarios, cumpría agora condena por roubo e aproveitou un permiso penal par escapar

Una imagen de Santiago Izquierdo, el preso fugado de Mansilla de las Mulas. EP
photo_camera Una imagen de Santiago Izquierdo, el preso fugado de Mansilla de las Mulas. EP

O preso Santiago Izquierdo Trancho fuxiu o pasado luns do cárcere de Mansilla de las Mulas (León) aproveitando un permiso penal e segue fuxido, segundo confirmaron fontes da Delegación do Goberno na comunidade. Aínda que o convicto é coñecido polo seu amplo historial delituoso, polo que chegou a sumar 138 anos de cárcere, agora cumpría unha pena por tres delitos de roubo con forza.

Izquierdo Trancho cumpriu en distintos cárceres españois varios anos de condena desde a década dos oitenta por distintos delitos como asasinato, secuestro de funcionarios, intentos de evasión, desacato, agresión, ameazas e roubos, polos que chegou a sumar unha condena de 138 anos de prisión. 

O suceso produciuse o luns despois de que o recluso obtivese un permiso xudicial similar ao terceiro grao ao cumprir un cuarto da súa última condena pola que se atopaba interno nesta prisión. Trátase do artigo 100.2, que introduce o chamado principio de flexibilidade e concede un réxime de autogoberno dunhas poucas horas.

No caso de Santiago Izquierdo Trancho, concedéuselle a liberdade temporal para trasladarse da prisión de Villahierro de Mansilla de las Mulas, na que cumpría condena, ao Centro de Inserción Social (CIS) Jesús Haddad Blanco de León. Aproveitando estas horas en réxime de autogoberno, o preso abandonou o cárcere pero non ingresou no CIS, confirmaron as mesmas fontes.

Comentarios