O Goberno activará antes de fin de ano os mecanismos de apoio ás electrointensivas

O Executivo pretende evitar que Alcoa peche as súas plantas na Coruña e Avilés

La ministra de Industria, Reyes Maroto. EFE
photo_camera A ministra de Industria, Reyes Maroto. EFE

O Goberno activará antes de final de ano a poxa de interrumpibilidade e a compensación por custos de dióxido de carbono (CO2) pendentes de executar para evitar que Alcoa peche as súas plantas na Coruña e Avilés e axudar ao resto da industria electrointensiva a facer fronte aos altos custos da luz.

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, fixo o anuncio tras a reunión de dúas horas e media que mantivo este xoves pola tarde cos presidentes da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e de Asturias, Javier Fernández, e os alcaldes da Coruña, Xulio Ferreiro, e Avilés, Mariví Monteserín, e á que asistiu tamén a ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.

Explicou que as administracións presentes acordaron volver pedir a Alcoa que retire o seu expediente de regulación de emprego (Ere) extintivo para os 686 traballadores desas factorías, así como a creación dunha mesa de traballo na que expor escenarios que permitan o mantemento das plantas e os empregos, na que tamén participarían os sindicatos e Alcoa.

Comentarios