O Goberno ten unha "folla de ruta" para retirar o copago farmacéutico aos pensionistas

A ministra Carmen Montón anuncia que o obxectivo é devolver os dereitos recortados durante o a época do Goberno do PP

2018061815394267391
photo_camera Carmen Chea.CHEMA MOYA (Efe)

A ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social, Carmen, asegurou este luns que está "na súa folla de ruta" eliminar o copago farmacéutico establecido na reforma sanitaria de 2012, que afecta principalmente a pensionistas, aínda que recoñeceu que levará tempo.

Así o afirmou a ministra en declaracións aos xornalistas antes do acto de toma de posesión de varios cargos do Ministerio, nas que subliñou que o Goberno está "con toda a vontade de recuperar todos e cada un dos dereitos arrebatados" pola reforma sanitaria aprobada polo PP.

Segundo dixo Montón en referencia ao fin do copago, "a idea é volver ao momento de orixe", é dicir a antes da aprobación da reforma, aínda que admitiu que a súa eliminación nos vai a levar máis tempo".

Neste sentido, mostrou a súa intención de que este proceso se faga "de xeito rigoroso", dialogando coas comunidades autónomas.

"Está dentro da nosa folla de ruta, pero a dez días da toma de posesión non vos podo adiantar uns prazos que esteamos seguros de poder cumprir e que son rigorosos", indicou Montón.

Devolver o cartón sanitari aos inmigrantes en situación irregular é unha prioridade

Pero antes de abordar este asunto, a ministra quixo destacar que a prioridade do Goberno é empezar pola recuperación da universalidade do Sistema Nacional de Saúde (SNS), para devolver o cartón sanitario aos inmigrantes en situación irregular.

"Para o Goberno trátase en grao sumo básico, xa que unha sociedade decente non deixa a ninguén atrás e a asistencia sanitaria de xeito integral para todos en España era básico", reiterou Montón, despois de que o Executivo anunciase o venres que tratará coas comunidades e os axentes sociais a restitución deste dereito.

Obxectivo: "Recuperar todos os dereitos arrebatados na etapa do Goberno do PP"

O seguinte paso será recuperar "todos e cada un dos dereitos arrebatados en 2012 e en toda a época de recortes que vivimos na anterior etapa do Goberno do PP".

Sanidade convocará para o 28 de xuño, con toda probabilidade, un Consello Interterritorial do SNS, co único punto do día de recuperar a universalidade, porque Montón considerou que "merece unha conversación en profundidade e que todos os conselleiros sentan escoitados".

Por outra banda, no acto de toma de posesión de distintos cargos do Ministerio, insistiu en que hai que volver ás orixes, neste caso a 1986, con strong <>Ernest Lluch como ministro de Sanidade, para "falar da saúde como un dereito e un investimento".

Tamén, continuou Montón, hai que volver a 2006, cando se aprobou a "magnífica lei de dependencia" para pola plenamente en valor, falar de discapacidade e remover obstáculos.

"Grazas a todos polo compromiso ou a conxura que fixemos de traballar incansablemente, sen equidistancias, sabendo que o importante son as persoas e sabendo que fácil, fácil, non o imos a ter", apostilou.

Hoxe tomaron posesión, entre outros, a secretaria de Estado de Servizos Sociais, Pilar Díaz; o secretario xeral de Sanidade e Consumo, Ricardo Campos; a directora xeral de Carteira Básica do SNS e Farmacia, Patricia Lacruz; a directora xeral de Infancia e Familia, María Teresa Patiño; e a directora xeral do Imserso, María del Carmen Orte.

Comentarios