Illa ve innecesario un confinamento perimetral de Madrid para frear os gromos

O presidente manchego utilizou a polémica expresión "bomba vírica" para referirse á capital como foco de contaxio
Salvador Illa. EFE
photo_camera Salvador Illa. EFE

O ministro de Sanidade Salvador Illa asegurou este xoves que o Goberno non baralla confinamentos xerais nin medidas masivas para controlar os gromos de coronavirus en España e apostou por realizar "medidas cirúrxicas" segundo a situación de cada territorio. Tamén descartou un confinamento perimetral de Madrid. "Non procede facer medidas xeneralizadas; temos que detectar precozmente e actuar cunha contundencia proporcionada", afirmou Illa nunha entrevista no programa matinal de SER Cataluña. 

O ministro considerou innecesario un confinamento perimetral en Madrid e afirmou que "as medidas para conter o virus deben ser moi ben pensadas", en resposta aos presidentes autonómicos de Castela e León e Castela A Mancha, que reclamaban confinar a capital. O dirixente manchego, Emiliano García-Page, utilizou a expresión "bomba vírica" para referirse a Madrid como foco de contaxio.

Illa recoñeceu que concentracións urbanas como Madrid ou a área metropolitana de Barcelona son espazos con dificultades especiais e que afectan os territorios contiguos, pero afirmou que "en liñas xerais está a facerse un traballo correcto en todos lados". Tamén insistiu en que "as decisións sanitarias tómanse pola evolución da pandemia e por motivos de saúde pública" e non por motivos económicos, e reiterou que a decisión de evitar confinamentos masivos é estritamente epidemiolóxica.

PREOCUPACION ESCOLAS E VOLTA DE VACACIÓNS. Con todo, o ministro mostrouse preocupado polo impacto que terá a volta á escola e o retorno das vacacións na aparición de novos brotes de Covid-19, aínda que se mostrou confiado en que seguindo as medidas hixiénicas e de saúde evitaranse contagios. Celebrou que nas últimas semanas estea a darse unha menor presión hospitalaria —en parte polo descenso na idade dos contaxiados— e que se produzan menos mortes, aínda que remarcou a necesidade de estabilizar "e baixar o numero de casos". 

Comentarios