Imputan á candidata do PP á Presidencia de Asturias por cesión irregular de terreos

Teresa Mallada foi imputada polo xulgado de instrución número 3 de Oviedo, que investiga a presunta cesión irregular dos terreos nos que se construíu o xeriátrico de Felechosa, no municipio de Aller

Teresa Mallada. TWITTER
photo_camera Teresa Mallada. TWITTER

A candidata do PP á presidencia do Principado de Asturias, Teresa Mallada, foi imputada polo xulgado de instrución número 3 de Oviedo, que investiga a presunta cesión irregular dos terreos nos que se construíu o xeriátrico de Felechosa, no municipio de Aller (Asturias). 

O xulgado sumou á causa do 'Caso Hulla' a denuncia que o grupo municipal Xente Por Aller presentou en 2017 contra toda a corporación local de Aller de entre os anos 2008 e 2010, na que se atopaba como líder da oposición a actual candidata do PP á presidencia do Principado, Teresa Mallada. 

En 2017 o secretario xeral de Podemos en Asturias, Daniel Ripa, informou de que o pleno do Concello de Aller, con goberno do PSOE, autorizou por unanimidade a compra dos terreos e construír sen licenza o xeriátrico de Montepio "con todos os informes municipais en contra". 

Ante esta situación os edís de Xente Por Aller presentaron en setembro de 2017 unha denuncia sobre os feitos ante o Xulgado número 2 de Lena e facilitou os documentos á Fiscalía Anticorrupción. 

Segundo o partido, o Concello de Aller comprou e cedeu os terreos do xeriátrico con informes municipais desfavorables "por non seguir o procedemento regulado, con asignación directa sen poxa, porque non cabía a cesión gratuíta e porque naquel momento o Concello non podía permitirse a compra dos terreos". 

Agora o Xulgado ovetense incorporou esta peza separada ao 'Caso Hulla' por presunta "prevaricación administrativa" a través dun auto publicado o pasado 11 de marzo, e chama a xuízo en calidade de investigados a todos os edís de entón. Acéptase así a inhibición acordada polo xulgado de instrución número dous de Lena, incoar dilixencias previas e formular así unha peza separada.

Comentarios