Iñaki Urdangarin obtén o segundo grao penal

Esta medida, que avanzou este xoves El Confidencial, establécese aos dous meses de ingresar en prisión e obtéñena a maioría dos presos

Iñaki Urdangarin. ARCHIVO
photo_camera Iñaki Urdangarin. ARQUIVO

Iñaki Urdangarin, condenado polo Tribunal Supremo a cinco anos e dez meses polo caso Nóos, foi clasificado en segundo grao penal, segundo confirmaron a EFE fontes de Institucións Penais.

As fontes precisaron que a proposta para clasificar a Urdangarin realizouse o pasado día 9 e a Xunta de Tratamento do cárcere abulense de Brieva -onde está preso desde o 18 de xuño- acordouno o día 17.

Esta medida, que avanzou este xoves o diario dixital El Confidencial, establécese aos dous meses de ingresar en prisión e obtéñena a maioría dos presos.

Cando o xenro do rei Juan Carlos cumpra un cuarto da condena poderá gozar do primeiro permiso penal. 

Comentarios