Ingresan a unha nena de dous anos tras mordela un can de raza perigosa

A pequena estaba de visita cos seus pais na casa dos propietarios do animal en Massamagrell

Un perro de la raza American Stanford. AEP
photo_camera Un can da raza American Stanford. AEP

Unha nena de 2 anos permanece ingresada nun hospital de Valencia despois de que recibise unha dentada na fazula dun can considerado de raza perigosa en Massamagrell, Valencia, segundo informaron este venres a Efe fontes de Sanidade e da Garda Civil.

Os feitos ser produciron sobre o mediodía deste xoves nunha vivenda da citada localidade, onde a menor estaba de visita cos seus pais en casa dos propietarios do animal, un can da raza American Stanford, cuxo dono está investigado por un delito de lesións.

A menor, tras ser atendida na localidade, foi trasladada ao hospital Clínico de Valencia, onde quedou ingresada e, segundo fontes da Conselleria de Sanidade, "evoluciona favorablemente" da ferida sufrida na cara.

O propietario do animal é un español de 27 anos e, segundo a Garda Civil, entregou "parte" da documentación que se require para a propiedade dun can destas características.

O animal foi trasladado a un centro de acollida de El Puig, onde está en corentena e á espera do que determine o xuíz, segundo a Garda Civil.