O Instituto de Empresa ficha a Begoña Gómez, esposa de Pedro Sánchez, para dirixir un novo centro

O IE Africa Center impulsará a innovación, o liderado, o emprendemento e os proxectos de acción social no continente africano

Begoña Gómez. EP
photo_camera Begoña Gómez. EP

O Instituto de Empresa (IE) anunciou este mércores a posta en marcha do IE Africa Center, para impulsar a innovación, o liderado, o emprendemento e os proxectos de acción social no continente africano, que dirixirá Begoña Gómez, esposa do presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Segundo informa o IE a través dunha nota de prensa, Gómez conta con máis de 20 anos de experiencia en consultoría e docencia e foi directora de Consultoría do Grupo Inmark.

Desde 2015 é codirectora do Máster en Fundraising Público e Privado para Organizacións sen Ánimo de Lucro no Centro Superior de Estudos de Xestión da Universidade Complutense de Madrid.

Ademais, é unha profesional especializada en deseño e implementación de proxectos estratéxicos con enfoque en fundraising e sustentabilidade para o terceiro sector, engade o Instituto de Empresa.

O Africa Center, que depende da Fundación IE, iniciará a súa actividade o próximo mes de setembro e estará presidido por Felicia Appenteng, directora xeneral do IE Fund en Nova York.

Comentarios