Preto de 800 inmigrantes rescatados na costa andaluza este sábado

Os rescates veñen producíndose desde a madrugada. Entre os inmigrantes hai un número elevado de menores, mulleres e algúns bebés

Inmigrantes en el puerto de Tarifa. CARRASCO RAGEL (EFE)
photo_camera Inmigrantes no porto de Tarifa. CARRASCO RAGEL (EFE)

Un total de 769 inmigrantes foron rescatados no que vai de sábado por efectivos de Salvamento Marítimo cando intentaban alcanzar as costas españolas en máis de vinte pateras, tanto no Estreito de Xibraltar e o mar de Alborán, como en Canarias. 

A maioría dos rescatados foron trasladados ao porto de Tarifa, se ben algunhas das pateras foron levadas ata o porto de Barbate. Entre os inmigrantes hai un elevado número de menores, mulleres e algúns bebés. 

Mentres tanto, no mar de Alborán rescataron 342 persoas en sete pateras. Tres delas foron localizadas pola embarcación Guardamar Polimnia con 169 inmigrantes a bordo. 

Ademais, a embarcación SAR Mastelero acudíu ao rescate doutras tres pateras, con 145 persoas a bordo, mentres a embarcación Spica socorríu a outra que levaba 28 inmigrantes. 

Deste grupo, uns 314 están sendo traslados ao longo da tarde ao porto de Málaga, aínda que non se desbota a posibilidade de que parte deles sexan desembarcados en Motri (Granada). 

Ao longo da xornadas mobilizáronse no mar de Alborán o helicóptero 'Helimer 204' e a embarcación 'Salvamar Spica', emitíndose ademais avisos a navegantes na zona. 

Ademais, 129 inmigrantes que ían rumbo a Gran Canaria foron rescatados en bo estado de saúde logo de pedir auxilio por teléfono na madrugada do sábado cando se atopaban preto da illa a bordo dun bote pequeno, segundo informou a Efe o Salvamento Marítimo. 

A alerta da situación dos inmigrantes foi dada por un dos propios integrantes do grupo que, sobre as 5.30 do sábado, hora canaria, chamou por teléfono móbil ao Centro Coordinador de Emerxencias e pedíu axuda explicando que se atopaban nalgún lugar dende o que podían ver a costa, pero sen saber exactamente onde. 

Comentarios