Hacienda asegura que o diñeiro de Mario Conde en Suíza non é de Banesto

O banqueiro de Tui estaba a ser investigado pola procedencia do capital

Mario Conde, a su salida de la cárcel. EFE
photo_camera Mario Conde, a su salida de la cárcel. EFE

O banqueiro de Tui Mario Conde foi exculpado por Hacienda, que investigaba a procedencia dun diñeiro que o galego tiña en Suíza. A Axencia Tributaria sospeitaba que podía ser de Banesto ou de calquera outra actividade ilegal, aínda que finalmente as pescudas concluíron que o capital é lícito.

Conde foi arrestado a inicios de 2016 despois de que se comprobase que o banqueiro trouxera diñeiro de Suíza durante os últimos anos. Acusábaselle, xunto a un grupo de persoas que incluía á súa filla, de branqueo de capitais e organización criminal.

As investigacións conclúen que o capital provén de negocios do banqueiro de Tui nos que participou a principios dos anos 80.

Comentarios