Michael golpea Florida con ventos de 250 quilómetros por hora e deixa polo menos un morto

O furacán tocou terra como o terceiro ciclón máis intenso na historia recente do país

El ojo del huracán Michael. NOAA
photo_camera O ollo do furacán Michael. NOAA

O furacán Michael, un dos máis poderosos que tocase o territorio continental estadounidense, descargou este mércores toda a súa forza na costa do extremo noroccidental de Florida, onde xa se rexistran inundacións, apagamentos, caídas de casas e árbores e cortes de estradas.

Máis de tres horas despois de que o "monstruoso" ollo de Michael chegase a Mexico Beach con ventos de até 250 km/h, as autoridades informaban de que un home perdera a vida tras caer unha árbore na súa vivenda do condado de Gadsden, no noroeste de Florida. Convértese así, na primeira vítima mortal do furacán que tocou terra como categoría 4 preto de Mexico Beach, segundo informaron medios locais.

O home, que aínda non foi identificado polas autoridades, morreu dentro dunha vivenda en Greensboro, ao noroeste de Tallahasse, a capital de Florida.

Michael, que avanza como furacán categoría 2 rumbo a Xeorxia, causou grandes inundacións e destrución de vivendas nunha ampla zona costeira do noroeste de Florida na que numerosas casas unifamiliares quedaron mergulladas. Neste sentido, os meteorólogos alertan ademais de que a acumulación de choivas poderían chegar até os 30 centímetros nalgunhas zonas.

O ciclón presenta actualmente ventos máximos sostidos de 100 millas por hora (160 km/h) e diríxese ao nornoroeste a 13 millas por hora (21 km/h), segundo o último boletín o Centro Nacional de Furacáns (NHC).

O NHC, con sede en Miami, sinalou que mentres avanza terra dentro, o sistema seguirá producindo ventos tempestuosos en Xeorxia. 

A División da Investigación de Furacáns do NHC apunta que Michael tocou terra como o terceiro ciclón máis intenso na historia recente de Estados Unidos, cunha presión atmosférica de 919 milibares no momento de alcanzar a costa, só superado polo denominado Labor Day, de 1935, con 892 milibares, e Camille, de 1969 e 900 milibares.

Comentarios