Mónica Cruz abandona 'El Hormiguero'

A actriz deixa o programa de Antena 3 logo dunha tempada colaborando

Mónica Cruz. EFE
photo_camera Mónica Cruz. EFE

Mónica Cruz non estará na próxima tempada de El Hormiguero. A actriz española, que empezou a colaborar co programa de Antena 3 no outono de 2017, buscará novos retos no novo curso televisivo.

Desta forma El Hormiguero segue renovando o seu persoal para a nova tempada, na que contará con colaboradores como Nuria Roca, recentemente fichada para o equipo de Pablo Motos.

Comentarios